Sistema cardiovascular.
Os exercicios de resistencia aumentan o tamaño das cavidades do corazón mellorando o transporte de osíxeno e substancias nutritivas. ¿Que pasará coa frecuencia cardiaca? Busca información sobre a frecuencia cardiaca de Induráin e comparaa coa túa.
Sistema respiratorio.
Diminue a frecuencia respiratoria e aumenta a profundidade dos movementos dos pulmóns. Mellórase con traballo de resistencia e relaxación.
Sistema nervioso.
O exercicio físico favorece a eliminación da tensión nerviosa. As actividades de coordinación e de velocidade activan e melloran o funcinamento do sistema nervioso.
Aparello locomotor.
O traballo de forza e flexibilidade mellora o funcionamento do aparello locomotor favorecendo a resistencia dos ósos e máis dos músculos.
Mostrando entradas con la etiqueta Condición física.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Condición física.. Mostrar todas las entradas
martes, 1 de septiembre de 2009
Condición física.
É a suma das capacidades que tén o organismo para afrontar tarefas físicas coa máxima eficacia e rendemento. Depende da herencia, da idade, sexo, experiencia, da coordinación, dos hábitos de vida: exercicio físico, nutrición, consumo de alcohol, tabaco........Segundo o tipo de exercicio que realicemos melloramos unha capacidade física distinta; así hai exercicios de resistencia, flexibilidade, forza e velocidade. Ademais destas catro calidades físicas básicas tamén temos que considerar as calidades motoras: coordinación, equilibrio e axilidade. Mellóranse con exercicios de xiros, saltos, desprazamentos....Hai moitas probas para medir a condición física:
Resistencia: test de Cooper, Course Navette, 1000 metros...
Forza: flexión de brazos, salto horizontal e vertical, abdominais....
Flexibilidade: flexión profunda de tronco.....
Velocidade: 40 metros lanzados, 10 metros con distintas posicións de saída...
Unha das probas máis populares é a batería de condición física EUROFIT.

O quecemento
É un conxunto de exercicios físicos previos a unha actividade principal. Os obxectivos que persegue son istos:
1- Activar a función do aparello respiratorio.
Respiramos máis rápido e pillamos máis aire.
2- Activar as funcións do aparello circulatorio.
Chega máis osíxeno e alimento ós músculos.
3- Aumentar a temperatura corporal para evitar lesións.
4- Prepara as articulacións e os músculos para facer traballos intensos.
¿Como debe facerse o quecemento?
1ª PARTE. Exercicios xerais.
Son válidos para calquera tipo de quecemento. Deben facerse de forma suave, en desprazamento e movendo tódalas partes do corpo.
2ª PARTE. Exercicios de flexibilidade.
3ª PARTE. Exercicios relativos á actividade que se vai facer.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)