martes, 1 de mayo de 2007

Balonmán

¿Que tés que saber?
Duración do partido
. 2x20´, 2x25´, 2x3o´.Dependendo da categoría.
Nº de xogadores. Un porteiro e seis de pista.
Nº de cambios. Os que se queira.
O que podemos facer co balón. Botalo, dar tres pasos sen botar, mantelo 3 seg nas mans ou no chan, pasalo dunha man a outra sen perder o contacto.
O que non podemos facer.Tocalo cos pés.
Área de portería. Aquí só pode xogar o porteiro. Se entra un defensor sanciónase con penalti e se entra un atacante en acción de ataque, con golpe franco. Se o balón está no chan só pode tocalo o porteiro.
O porteiro.Pode empregar calquera parte do corpo para parar o balón. Non pode entrar nin sair da portería co balón na man.Se sae da área co balón controlado sanciónase con golpe franco e se entra con penalti.
O saque de centro.É obrigatorio para empezar o partido e despois de cada gol. Neste caso só o equipo que saca tén que estar no seu campo.
O saque de banda. Pisando a liña de banda. Pode conseguirse gol cun saque de banda.
O saque de portería. Pode conseguirse gol cun saque de portería.
O golpe franco. Sácase dende o lugar no que se cometeu a falta ou dende a liña de 9 m. se a falta foi entre esta liña e a área de portería. Pode marcarse gol directamente.
O lanzamento de 7 metros. Tén que facerse directamente a portería. Tódolos xogadores teñen que estar fóra da liña de 9 m.
Sancións disciplinarias.
Amonestación. Tarxeta amarela. Despois da 3ª do equipo todas son exclusións.
Exclusión. Dous minutos sen xogar.
Descalificación. O xogador descalificado non volve xogar e o equipo queda dous minutos cun xogador menos. Tarxeta vermella.
Expulsión. O equipo queda cun xogador menos o resto do partido.

Aquí podes ver máis cousas do regulamento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Ǡ