Sistema cardiovascular.
Os exercicios de resistencia aumentan o tamaño das cavidades do corazón mellorando o transporte de osíxeno e substancias nutritivas. ¿Que pasará coa frecuencia cardiaca? Busca información sobre a frecuencia cardiaca de Induráin e comparaa coa túa.
Sistema respiratorio.
Diminue a frecuencia respiratoria e aumenta a profundidade dos movementos dos pulmóns. Mellórase con traballo de resistencia e relaxación.
Sistema nervioso.
O exercicio físico favorece a eliminación da tensión nerviosa. As actividades de coordinación e de velocidade activan e melloran o funcinamento do sistema nervioso.
Aparello locomotor.
O traballo de forza e flexibilidade mellora o funcionamento do aparello locomotor favorecendo a resistencia dos ósos e máis dos músculos.
martes, 1 de septiembre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario