martes, 1 de septiembre de 2009

Condición física.

É a suma das capacidades que tén o organismo para afrontar tarefas físicas coa máxima eficacia e rendemento. Depende da herencia, da idade, sexo, experiencia, da coordinación, dos hábitos de vida: exercicio físico, nutrición, consumo de alcohol, tabaco........Segundo o tipo de exercicio que realicemos melloramos unha capacidade física distinta; así hai exercicios de resistencia, flexibilidade, forza e velocidade. Ademais destas catro calidades físicas básicas tamén temos que considerar as calidades motoras: coordinación, equilibrio e axilidade. Mellóranse con exercicios de xiros, saltos, desprazamentos....Hai moitas probas para medir a condición física:
Resistencia: test de Cooper, Course Navette, 1000 metros...
Forza: flexión de brazos, salto horizontal e vertical, abdominais....
Flexibilidade: flexión profunda de tronco.....
Velocidade: 40 metros lanzados, 10 metros con distintas posicións de saída...
Unha das probas máis populares é a batería de condición física EUROFIT.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Ǡ